Sobre nós

 A Suma de Esforzos


Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure (asemade como á súa familia), a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viudez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.

Artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos


Arquitectos Sen Fronteiras
é unha Organización Non Gobernamental de Desenvolvemento constituída no
ano 1992 e declarada de utilidade pública en 1999. ASF actúa con independencia de criterios políticos, relixiosos e económicos e está integrada por persoas que cren na defensa dos dereitos humanos para lograr un mundo máis xusto, a través do acceso universal a unha vivenda digna para lograr a transformación social.

Traballamosno marco dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, especialmente en relación coa superación das causas da pobreza e a mellora da educación, a igualdade de xénero, a saúde e a calidade ambiental, sen distinción de raza, relixión, credo ou afiliación política.

ASF é membro da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento de España, e das coordinadoras autonómicas de Euskadi, Navarra, Galicia, Estremadura, Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón e Madrid. Tamén pertence á Plataforma 2015 e Máis, Habitat Internacional Coalition e a ASF International Network, rede de traballo internacional que coordina os ASF en diferentes países.