Inicio ›
Presentación do audiovisual -Pedra papel-
in
GALICIA 23/12/2011 - O Audiovisual “Pedra papel” narra a maxia da infancia, e as ilusións por mellorar a vida, que sempre están presentes nas conversas das nenas e nenos que viven en Ponte Pasaxe.
A maxia da infancia, e as ilusións por mellorar a vida, sempre están presentes nas conversas das nenas e nenos que viven no asentamento de chabolas de Ponte Pasaxe (A Coruña), moitos xamais viron nin visitaron unha vivenda diferente a unha chabola, nin sequera se fan a idea de cómo sería unha mellora na súa vida que os igualara en dereitos e condicións ao resto de nenos e nenas da cidade.
A traves de dinámicas de convivencia e traballo comunitario entre o equipo de Arquitectos Sen Fronteias e os nenos e nenas de A pasaxe, logrouse xerar un clima de confianza coas familias do poblado, logrando así activar proxectos educativos que aposten pola transformación social.
O audiovisual
Con este título presentamos esta actividade, na que xuntamos a once cativos do asentamento nun espazo alleo ao seu entorno. O proxecto consiste na elaboración dunha “mini reportaxe”, onde o guión saíu de xeito natural e comunitario, entre as conversas e xogos que se deseñaron para o desenvolvento das xornadas.
Produto destes encontros logrouse coñecer as motivacións, os soños, as inquedanzas e as manifestacións que os máis pequenos de A pasaxe teñen ante a vida.
Estas historias de vida foron gravadas en audio e video, xerando así o recurso que dou pe á elaboración do guión do Audiovisual “Pedra papel”.
O texto que se narra foi extraído dos parlamentos que se xeraron entre os nenos e nenas nas actividades, intentando conservar ao máximo posible as súas exposicións.